Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión de visitantes, atención ao púbico e servizos complementarios dos espazos expositivos da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do claustro de San Francisco.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

d) Número de expediente: 20170001174 (ref. 2445).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de xestión de visitantes, atención ao público e servizos complementarios dos espazos expositivos da planta baixa da antiga sede do Banco de España e do claustro de San Francisco, reservado a centros especiais de emprego.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: catro anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 98341130-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 90 puntos.

– Horas gratuítas: 7 puntos.

– Prezo/hora prestada fóra do horario habitual: 3 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 153.174,00 euros.

b) Tipo de licitación correspondente ao contrato por ano relativo ao funcionamento ordinario dos espazos. Importe neto: 24.516,00 euros. IVE: 5.148,36 euros. Importe total: 29.664,36 euros.

Tipo de licitación para a realización de actividades fóra do horario, facturables por horas: 10,13 euros/hora, IVE excluído.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do prezo total do contrato, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 16 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 16 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Enderezo: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: tres meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de xullo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde