Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35934

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á Sentenza 239/2017, no procedemento ordinario 4544/2013 (expediente planeamento urbanístico 2012009669).

Anuncio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 239/2017, do 11 de maio de 2017.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4544/2013, contra acordo do Pleno do Concello de Ourense do 7.6.2013 que aprobou definitivamente o estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011 da Xunta de Galicia, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, interposto por Luis Soto Rebollo e Adolfo Pereira Marimón, ditouse sentenza 239/2017, do 11 de maio de 2017, pola que se estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Por todo o exposto, esta sala decidiu estimar o recurso contencioso-administrativo interposto en nome e representación de Luis Soto Rebollo e Adolfo Pereira Marimón contra acordo do Pleno do Concello de Ourense, adoptado en sesión ordinaria de 7 de xuño de 2013 que aproba definitivamente o estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011; contra Decreto 187/2011, do 29 de setembro, que suspendía a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense en determinados ámbitos e aprobaba unha ordenación urbanística provisional; e contra o Plan especial de protección do ben de interese cultural coa categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado, aprobado polo acordo do Pleno do Concello de Ourense adoptado en sesión ordinaria de data 20 de xaneiro de 2012, que se anulan e deixan sen efecto polas razóns indicadas.

Imponse as custas do procedemento nos termos anteditos.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que haberá de prepararse mediante escrito a presentar nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 de dita lei».

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de data 1.6.2017 no punto 3 da orde do día acordou non recorrer a sentenza.

Ourense, 4 de xullo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente