1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: O-4/2017.
2. Obxecto do contrato: renovación e rehabilitación de firmes na Rolda de Outeiro-tramo III (avda. do Ferrocarril-rúa da Mercé), que fomente o emprego social e de calidade, a execución de medidas de respecto ambiental e a igualdade entre homes e mulleres. Prazo de execución: cinco meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 672.372,06 € (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría 3.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinte e seis días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado ou festivo, o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 20 de xullo de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social