Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35947

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO do procedemento de revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno polo que se aprobou definitivamente o estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro.

Por medio do presente faise publico que, para dar cumprimento ao requirimento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 11 de novembro de 2016 (rex. entrada nº 9869, do 15.11.2016), o Pleno do Concello de Teo, na sesión ordinaria do 29 de xuño de 2017, acordou:

Primeiro. Iniciar o procedemento de revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de setembro de 2016, polo que se aprobou definitivamente o estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro, na antiga estrada de Santiago á Estrada km 3, lugar da Estivada (Cacheiras), promovido por Mercadona, S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas (rex. entrada nº 2087, de 18.3.2016), ao tratarse dunha disposición administrativa nula, ao abeiro do artigo 47.2 da LPACAP.

Segundo. Conceder aos interesados un prazo de vista e audiencia no expediente, durante o prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da notificación e publicación do presente, para que aleguen o que consideren conveniente en defensa dos seus dereitos achegando os documentos e xustificantes que consideren pertinentes.

O citado prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Teo, 30 de xuño de 2017

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde