Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se somete a información pública o proxecto de decreto polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán para que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Tendo en conta o establecido no parágrafo anterior e co fin de asegurar que se observen as garantías en materia de participación na elaboración de disposicións de carácter xeral, unha vez iniciada a tramitación do proxecto de decreto polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de decreto polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de decreto no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo:

sxurbanismo@xunta.gal

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio