Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para o estudo da poboación de anguía europea (Anguilla anguilla) nas zonas de desembocadura fluvial competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (PDR).

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 39/2016 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=108784

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: estudo da poboación de anguía europea (Anguilla anguilla) nas zonas de desembocadura fluvial, competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 123.966,94 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 123.966,94 €. Importe total: 150.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 1 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 9 de xuño de 2017.

c) Adxudicataria: Universidade de Santiago de Compostela.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 81.818,18 €. Importe total con IVE: 98.999,99 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio