Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE de 20 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas L. C. VII e Monte I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas L.C. VII e Monte I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito con data do 13.6.2017 Clara Eugenia Triñanes González e Alberto Luis Triñanes González solicitan autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas L.C. VII e Monte I.

Segundo. Os solicitantes presentaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro).

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras del Barbanza, S.L. (NIF B-70526207), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: L.C. VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 54.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Clara Eugenia Triñanes González (33240331-H) 50 % privativa e Alberto Luis Triñanes González (52453399-J) 50 % privativa.

Nova titular: Mejilloneras del Barbanza, S.L. (NIF B70526207) 100 %.

Tipo: batea.

Nome: Monte I.

Situación:

Cuadrícula nº: 08.

Polígono: C.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 13.8.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Clara Eugenia Triñanes González (33240331-H) 50 % privativa e Alberto Luis Triñanes González (52453399-J) 50 % privativa.

Nova titular: Mejilloneras del Barbanza, S.L. (NIF B70526207) 100 %.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública e, especialmente subrógase nas obrigas derivadas da axuda percibida e tramitada mediante o expediente PE205 2012/22-8, en concepto de investimentos no ámbito da acuicultura por importe de 52.956,00 €. Así mesmo, a nova titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña