Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35687

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de xullo de 2017 pola que se exclúe do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), unha persoa aspirante.

Mediante a Orde do 11 de xullo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 136, do 18 de xullo) foron nomeadas persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño). Entre os ditos nomeamentos figura o de Francisco Javier Salado Martínez con DNI 36086936M.

Francisco Javier Salado Martínez figura incluído na relación de aprobados feita pública mediante a Resolución do 3 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 3 de maio), do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño).

En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír a Francisco Javier Salado Martínez con DNI 36086936M do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), por ter sido nomeado funcionario de carreira do mesmo corpo, en virtude da Orde do 11 de xullo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 136, do 18 de xullo).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda