Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35519

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 3 de xullo de 2017 polo que se crean, modifican e suprimen ficheiros de datos de carácter persoal.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 3 de xullo de 2017 polo que se aproba a creación, modificación e supresión dos ficheiros de datos de carácter persoal que se relacionan nos anexos, así como a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para a súa posterior inscrición no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos,

ACORDO:

Primeiro. Obxecto

Créanse os ficheiros incluídos no anexo I deste acordo en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e do artigo 54.1 do seu regulamento de desenvolvemento.

Os ficheiros incluídos no anexo II deste acordo, creados por disposicións anteriores, adaptaranse ás descricións contidas nas epígrafes correspondentes do citado anexo, de acordo co especificado no artigo 54.1 do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999.

Suprímense os ficheiros incluídos no anexo III deste acordo de conformidade co disposto no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e no artigo 54.3 do seu regulamento de desenvolvemento.

Segundo. Contido

A información exixida no artigo 20.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, para as disposicións de creación de ficheiros, está contida nos anexos deste acordo para cada un dos ficheiros creados ou modificados.

Terceiro. Finalidade e usos dos ficheiros

Os datos de carácter persoal rexistrados nos ficheiros do Consello de Contas de Galicia creados ou modificados polo presente acordo só serán utilizados para os fins expresamente previstos nos anexos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto. Cesión de datos

Os datos destes ficheiros só poderán ser cedidos aos órganos xudiciais e a outras autoridades públicas nos supostos e nos termos previstos no ordenamento xurídico, así como aos destinatarios indicados para cada ficheiro nos anexos.

Quinto. Órgano responsable da seguridade dos ficheiros

O órgano responsable da seguridade dos ficheiros será a Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia daqueles teña o persoal dos correspondentes servizos e unidades do Consello de Contas.

Sexto. Medidas de seguridade

As medidas de seguridade dos ficheiros serán as de nivel básico, salvo que expresamente se dispoña o contrario nos anexos.

Sétimo. Dereito de oposición, acceso, rectificación e cancelación de datos

As persoas afectadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos, cando proceda, mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral do Consello de Contas, no enderezo Domingo Fontán, nº 7, 15771 Santiago de Compostela.

Oitavo. Entrada en vigor

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Número 1. Rexistro de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos.

Nome do ficheiro: Rexistro de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos.

Finalidade e usos previstos: depósito das declaracións de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos do Consello de Contas.

Colectivo afectado: o propio interesado (alto cargo do Consello de Contas) ou o seu representante legal.

Procedemento de recollida de datos: formulario aprobado polo Pleno do Consello de Contas.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; nome e apelidos; enderezo; teléfono; cargo que representa; datos de estado civil; de familia; de nacemento; datos de circunstancias sociais; propiedades e posesións; datos de detalles de emprego; datos bancarios.

Cesións dos datos: non se prevén cesións ou comunicacións de datos.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán, nº 7, 15771 Santiago de Compostela.

Nivel de medidas de seguridade: nivel medio.

Sistema de tratamento: ficheiro parcialmente automatizado.

Número 2. Comunicacións e denuncias.

Nome do ficheiro: Comunicacións e denuncias.

Finalidade e usos previstos: xestión das comunicacións e denuncias presentadas de acordo coas competencias atribuídas ao Consello de Contas.

Colectivo afectado: persoas físicas relacionadas nas comunicacións ou denuncias presentadas no Consello de Contas.

Procedemento de recollida de datos: formulario aprobado polo Pleno do Consello de Contas ou escrito de comunicación ou denuncias de persoas físicas ou xurídicas.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguridade Social; datos académicos e profesionais; datos de detalles de emprego; datos de negocios xurídicos; datos económicos e financeiros; indicios de infraccións penais ou administrativas.

Cesión dos datos: Tribunal de Contas.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán, nº 7, 15771 Santiago de Compostela.

Nivel de medidas de seguridade: nivel medio.

Sistema de tratamento: mixto.

ANEXO II
Ficheiros que se modifican

Número 1. Asuntos xurídicos.

Nome do ficheiro: Asuntos xurídicos.

Colectivo afectado: persoas físicas que orixinaron un expediente xurisdicional en que foi parte o Consello de Contas de Galicia ou que figuran relacionadas con procedementos de responsabilidade contable.

Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

Número 2. Xestión económica e contratación administrativa.

Nome do ficheiro: Xestión económica e contratación administrativa.

Finalidade e usos previstos: xestión económica, orzamentaria e contable, e xestión das relacións de contratación e relación de persoas físicas ou xurídicas coas que o Consello de Contas de Galicia mantén relacións contractuais.

Colectivo afectado: persoas físicas que aparecen na xestión contable e orzamentaria do Consello de Contas de Galicia.

Procedemento de recollida de datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguridade Social; datos contables.

Cesión dos datos: AEAT.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Lugar de exercicio de dereitos: Domingo Fontán nº 7, 15771 Santiago de Compostela.

Nivel de medidas de seguridade: básico.

Sistema de tratamento: mixto.

Número 3. Fiscalización.

Nome do ficheiro: Fiscalización.

Colectivo afectado: persoas físicas relacionadas con actuacións que poden ser obxecto de fiscalización por parte do Consello de Contas.

Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

Número 4. Recursos humanos.

Nome do ficheiro: Recursos humanos.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguridade Social; número de rexistro persoal; datos académicos e profesionais; datos de detalles de emprego; datos de saúde, económicos, financeiros e de seguros; control horario.

Nivel de medidas de seguridade: nivel alto.

Número 5. Rexistro.

Nome do ficheiro: Rexistro.

Colectivo afectado: persoas físicas que entregaron ou recibiron algún escrito no rexistro do Consello de Contas de Galicia.

Nivel de medidas de seguridade: nivel básico.

ANEXO III
Ficheiros que se suprimen

Número 1. Control horario.

Identificación do ficheiro: Control horario.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Destino que vaia darse aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución: unificación de información no ficheiro Recursos humanos.

Motivos: incorpórase no ficheiro Recursos humanos.

Número 2. Xestión económica.

Identificación do ficheiro: Xestión económica.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Destino que vaia darse aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución: unificación de información no ficheiro Xestión económica e contratación administrativa.

Motivos: incorpórase no ficheiro Xestión económica e contratación administrativa.

Número 3. Contratación administrativa.

Identificación do ficheiro: Contratación administrativa.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Destino que vaia darse aos datos ou, se é o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución: unificación de información no ficheiro Xestión económica e contratación administrativa.

Motivos: incorpórase no ficheiro Xestión económica e contratación administrativa.