Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35517

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel, Alemaña (ED110B).

BDNS (identif.): 355754.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de Galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de Inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, unha bolsa de formación no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas no Centro de Estudos Galegos localizado na Universidade de Kiel, Alemaña.

Terceiro. Base reguladora

Orde do 7 de xullo de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel, Alemaña (ED110B).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria