Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35597

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Aprobada inicialmente, por Acordo do Pleno do 26 de xuño de 2017, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño referida ao uso de garaxes.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Salvaterra de Miño, 4 de xullo de 2017

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde