Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2017 Páx. 35536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (10/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 10/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luisa Arias Guardado contra Alicatados y Solados Carreira, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza, con data do 27 de xuño de 2017 co número 328/2017, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 10/2015, seguidos poe instancia de María Luisa Arias Guardado, asistida pola letrada Sra. Romero Salgado; contra Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Sra. Pérez Díez del Corral; e contra Alicatados y Solados Carreira, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome do rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,

Que estimando parcialmente a demanda interposta por María Luisa Arias Guardado contra Fondo de Garantía Salarial e Alicatados y Solados Carreira, S.L., debo condenar e condeno o Fogasa a aboarlle á demandante a suma de 1.008,72 euros en concepto de 60 % da indemnización por despedimento obxectivo en réxime de responsabilidade subsidiaria por insolvencia empresarial, máis, se é o caso, o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; con absolución do Fogasa das restantes peticións deducidas na súa contra, e así mesmo con absolución da mercantil Alicatados y Solados Carreira, S.L. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alicatados y Solados Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza