Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35386

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO de recurso de apelación (340/2016).

Na presente peza de apelación civil número 340/2016, dimanante da execución hipotecaria número 28/2015, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, seguida por instancia do Banco Santander, S.A. fronte a Roberty Nerrison Nerrison, ditouse auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados:

– Francisco Javier Menéndez Estébanez.

– Manuel Almenar Belenguer.

– María Begoña Rodríguez González.

Auto núm. 74.

Pontevedra, vinte e oito de febreiro de dous mil dezasete.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

A Sala acorda:

Que debemos rexeitar e rexeitamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Banco Santander, S.A. contra o Auto do 26 de febreiro de 2016, ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, no proceso de execución hipotecaria nº 28/2015, e confirmamos esta, sen especial imposición das custas.

Así o acorda a Sala e pronúnciano, mándano e asínano os maxistrados expresados á marxe, dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E, ao atoparse o devandito demandado, Roberty Nerrison Nerrison, en paradoiro descoñecido e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 3 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza