De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 23 de xuño de 2017
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-10/2017 RE.
Denunciado: George Beldiman.
Acto notificado: resolución de expediente.
Expediente: OU-18/2017 RE.
Denunciado: Gheorghe Cristian Amitroae.
Acto notificado: resolución de expediente.