Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 286/2017 - P.A. 299/2016, interposto por Adrián González Silva.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela a dilixencia de ordenación do 5 de xullo de 2017, pola que se ordena o emprazamento das persoas que puidesen resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. 286/2017 - P.A. 299/2016 , interposto por Adrián González Silva, contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 22 de xullo de 2016, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 9 de xuño de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2015.

En consecuencia , e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública