Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as propostas de resolución do expediente sancionador PSC-PO-1112/2016-ACU e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as propostas de resolución do expediente PSC-PO-1112/2016-ACU e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que consideren oportunos. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 6 de xullo de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-1112/2016-ACU

Mariscos Rivas Mar, S.L.

B36281368

Proposta de resolución

Ameixoada, nº 25, Moaña

PSC-PO-1113/2016-ACU

María del Carmen González Otero

78731082N

Proposta de resolución

A Moureira, A Guía, nº 59, Moaña

PSC-PO-1114/2016-ACU

Ana María Rouco González

78732249Y

Proposta de resolución

A Ribera, nº 12, Moaña