Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00284-O-2017 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00284-O-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados/as de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 26 de xuño de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00284-O-2017

2121-FDR

Rótulos Aire, S.L.

B83159210

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

10.1.2017; 10.30; A-52; 132,861

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

OU-00428-O-2017

8532-FYG

Gradas e Hijos, S.L.

B43615434

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.2.2017; 12.00; A-52; 181

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00520-O-2017

8269-CHX

Explotación Agraria Roymi, S.L.

B94118197

A falta de consignación da data de comezo ou final de utilización dunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

26.2.2017; 11.51; OU-CV-Xinzo 000; 0,05

Art. 141.12 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

OU-00551-O-2017

2490-GXY

Galaica de Asistencia al Hogar, S.L.

B32380560

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.
17.3.2017; 19.49; OU-536; 6,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00591-O-2017

4977-FTB

Basicarne, S.L.

B84482272

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.2.2017; 7.15; OU180; 0,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros

OU-00631-O-2017

LU-1653-U

Montajes Alquiatlantic, S.L.

B32476285

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

14.2.2017; 18.00; A52; 181

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

OU-00632-O-2017

LU-1653-U

Alquiatlantic, S.C.

J32445504

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen pasar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

14.2.2017; 18.00; A52; 181

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros