Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35159

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade ao decreto da Alcaldía do Concello de Lugo polo que se declara deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de vicesecretaría reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O Concello de Lugo remitiu, tras a tramitación do oportuno expediente ao abeiro do disposto no artigo 27 e seguintes do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e o artigo 36 e seguintes do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, á Dirección Xeral de Administración Local, decreto do que tomou razón o Pleno do Concello o 23 de febreiro de 2017, polo que se resolvía a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional de secretario/a xeral do Pleno.

De conformidade co disposto no artigo 28.3 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, así como no artigo 37.4 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, correspóndelle á Dirección Xeral de Administración Local a publicación no DOG da resolución que poña fin ás convocatorias dos procesos de selección por libre designación e a remisión á Dirección Xeral de Función Pública para os efectos da publicación no BOE.

O xefe de Servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, tendo en conta a normativa aplicable (Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en virtude do mandato recollido na disposición transitoria VII da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como polo Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional), tras o exame do expediente emitiu o correspondente informe proposta que conta co visto e prace da subdirectora de Réxime Xurídico Local, favorable á publicación solicitada.

De acordo co informe proposta sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e o artigo 1.6 da Orde do 14 maio de 2013 sobre delegación de competencias (DOG núm. 92, do 15 de maio),

RESOLVO:

Primeiro. Publicar en extracto a resolución do Concello de Lugo que declara deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional:

Entidade: Concello de Lugo.

Posto: vicesecretario/a xeral do Pleno.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Forma provisión: libre designación.

Resolución: decreto 17000823 do 3.2.2017.

Motivo: non presentarse ningunha instancia para o posto.

Segundo. Publicar esta resolución no DOG así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública para os efectos da súa publicación no BOE.

Terceiro. A presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local