Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 16 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2017/087-1).

Nº de expediente: IN407A 2017/087-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT e CT na praza Fábrica de Tabacos, nº 12.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, coa orixe en empalme na LMT EPU704B, entre o CS Peirao Palloza (15CDKK) e o CT Novoa Santos, nº 14 (15CYW9), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final en empalme na LMT. EPU704B, entre o CS Peirao Palloza (15CDKK) e o CT Novoa Santos, nº 14 (15CYW9), tras realizar entrada e saída no CT proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 KVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 16 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña