Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (246/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Elías García Cereijo, Joaquín Fernández Fuentes, Raúl Maso Otero, José Manuel Pena Faria, José Varela Otero, Enrique Cochón García e Sergio Parada Pastoriza contra o Fondo de Garantía Salarial e Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 246/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 3.10.2017, ás 11.45 e 11.50 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza