Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 114/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ana Núñez Rendo contra Falcón Contratas y Seguridad, se acordou notificar a parte dispositiva do decreto ditado no procedemento ETX 114/2017 a Falcón Contratas y Seguridad, en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva.

«Acordo:

a) Declarar a executada Falcón Contratas y Seguridad, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 660,03 euros en concepto de principal máis outros 136,16 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros de mora, máis 79,61 euros de xuros e custas provisionais sen prexuízo de posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, aberta no Banco de Santander, conta nº 5076 0000 64 0114 17. Se o depósito se fai mediante transferencia bancaria, deberase depositar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0114 17”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Falcón Contratas y Seguridad, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza