Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 34954

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de xullo de 2017 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2017 e se actualiza con efectos do 1 de xaneiro de 2017 a contía das retribucións.

Advertidos erros na referida orde publicada no DOG núm. 130, do 10 de xullo de 2017, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 33266, no punto 3 da instrución oitava, débese engadir ao final do parágrafo e antes do punto final, «… e aplicando ao resultado obtido un incremento do 1 %».

Na páxina 33267, no punto 4 da instrución oitava, débese engadir ao final do parágrafo e antes do punto final, «… e aplicando ao resultado obtido un incremento do 1 %».

Na páxina 33269, no punto 13 da instrución oitava, débese engadir ao final do parágrafo e antes do punto final, «… e aplicando ao resultado obtido un incremento do 1 %».