Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 27 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Gabino I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Gabino I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito de data 27.6.2017 Gabino Triñanes Vilas e Carmen Agrelo Sueiro, solicitan autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Gabino I.

Segundo. Os solicitantes presentaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Santiago López Piñeiro e María Belén Romero Torres o 50 % ganancial e Manuel Ramón Paz Ríos 50 % privativo da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Gabino I.

Situación:

Cuadrícula nº: 55.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Gabino Triñanes Vilas e Carmen Agrelo Sueiro (33212256A - 78780577B) 100 % ganancial.

Novos titulares: José Santiago López Piñeiro e María Belén Romero Torres (76966295S - 76966724F) o 50 % ganancial e Manuel Ramón Paz Ríos (52454310G) 50 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo da comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas que os anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña