Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Guntín (expediente IN407A 2017/54-2, 8526 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: ampliación de potencia CTI Navallos (27AD08).

Situación: concello de Guntín.

Características técnicas:

1. Centro de transformación 100/24/20 B2 intemperie sobre apoio de formigón existente de tipo HV-11/1000 para unha potencia de 100 kVA, tensión nominal de 20 kV. Unha relación de transformación 20.000/400 V e illante de aceite mineral.

2. O CT proxectado está conectado á rede de media tensión de Unión Fenosa, mediante LMT aérea existente, procedente da saída LUG802 (Guntín 2) da subestación Lugo. A derivación existente que alimenta o centro de transformación Navallos (27AD08) consta de condutor un tipo LA-56.

3. Aprovéitase o apoio de formigón que contén o CT, xa que as características físico-mecánicas son suficientes e atópase en bo estado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo