Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente IN407A 2017/44-2, 8516 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: ampliación de potencia CT Campo da Feira, 27CP48.

Situación: concello de Paradela.

Características técnicas:

1. Centro de transformación compacto 2L1P 400/kVA/20 kV con envolvente MAN.EXT. para unha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400 V.

2. O CT proxectado está conectado á rede de AT de Unión Fenosa, mediante SAR805 coa rede AT existente que une os centros SAR805, quedando enlazado mediante cable soterrado de tipo de illamento seco RHZ1-20L 12/20 kV 1×240.

3. O transformador que se vai instalar será TRAFO 400/24/20 B2 con illante aceite mineral.

4. O CT Campo da Feira (27CP48) aliméntase electricamente a través da LMT aérea existente procedente da saída SAR805 (Portomarín 5) da subestación Sarria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo