Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34821

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de xullo de 2017 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Outes, no concello de Outes.

O Decreto 60/2017, do 22 de xuño, publicado no DOG núm. 126, do 4 de xullo, crea o colexio de educación infantil e primaria de Outes.

En consecuencia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se regula a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares; por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Posta en funcionamento

Autorizar a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a continuación:

Provincia: A Coruña.

Concello: Outes.

Localidade: Outes (San Pedro).

Enderezo: praza de Galicia, s/n.

Código de centro: 15033101.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Outes.

Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor con efectos do un de setembro de dous mil dezasete.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria