Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34886

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 8/2013).

ETX execución de títulos xudiciais 8/2013

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 597/2012

Sobre despedimento

Demandantes: Enrique Castro Cardoso, Ernesto Vázquez Gramunt, Manuel Pérez Fernández

Avogada: María Luisa Arosa Barbeira

Demandados: Fogasa, Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., Marcial García, S.L.

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que por resolución ditada o día 23 de xuño de 2017, no proceso seguido por instancia de Enrique Castro Cardoso, Manuel Pérez Fernández e Ernesto Vázquez Gramunt, contra Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey, Mª Abel Tarrío Fernández, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., rexistrada co número 8/2013 e acumuladas, acordouse citar a Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey, Mª Abel Tarrío Fernández, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 31 de outubro de 2017, ás 12.00 horas, para unha comparecencia, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que o devandito acto non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a resolución citada e documentos obrantes no procedemento.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto da comparecencia asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, Mª del Carmen Guillín Rey, Mª Abel Tarrío Fernández, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza