Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de xullo de 2017 pola que se anuncia inicio de procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 11 de xullo de 2017, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», punto «Alleamento de embarcacións», o inicio do procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia.

A resolución de convocatoria, as bases aplicables a esta, a relación de embarcacións, e o modelo de proposición económica, poderán ser consultados e descargados a través da páxina web www.portosdegalicia.com, seccións «Documentación» e «Transparencia-Información económica, orzamentaria e estatística», punto «Alleamento de embarcacións».

As persoas interesadas en participar, formularán a súa oferta ou ofertas conforme o modelo do anexo III da resolución, e na forma e acompañada da documentación prevista na condición cuarta do anexo II.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o día 15 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia