Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de xullo de 2017 pola que se notifica reclamación de custos ocasionados polo izado e traslado de embarcación no porto de Vilaxoán.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Francisco Trigo Gamallo, con DNI 35428394, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 23 de xuño de 2017, para proceder ao aboamento de custos ocasionados polo izado a camión guindastre e traslado da embarcación Chispa Dos á nave de depósitos do porto de Tragove, por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Segundo acta do celador garda peiraos con NIP 367124 do 14 de febreiro de 2017, constatado o afundimento da embarcación na dársena pesqueira de Vilaxoán, e por motivos de seguridade, actívase o protocolo para afundimentos.

O importe a que ascenderon os custos de izado do barco a camión guindastre e posterior traslado ao porto de Tragove foron de 229,9 euros, IVE incluído.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade a que ascendeu o custo de reposición, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e é susceptible de recurso de alzada que deberá de ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

CLAVE DE INGRESO

Entidade / Oficina / D.C. / Número de conta

2080 0394 17 3040004217

RECLAMACIÓN DANOS.

EXPEDIENTE: EXEC. SUB. 13-03-17-03.

INGRESO EN PERÍODO VOLUNTARIO

EN METÁLICO

Nome, apelidos ou razón social da persoa que fai o ingreso

FRANCISCO TRIGO GAMALLO

Importe en letra

DOUSCENTOS VINTE E NOVE CON NOVE EUROS

Importe en cifra

229,9 €