Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 30 de xuño de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG), porque, tentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente S-P-28.17).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural adoptou acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.

Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se sinala. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único.

Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo, e continuarase coa tramitación do procedemento ata que se dite a correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

Anexo

Expediente: S-P-28.17, información previa VI-PO-152.13. Pontevedra.

Feito imputado: obras sobre acondicionamento de ático en edificio na rúa César Boente, Pontevedra.

Afectado: Jesús López Fernández e outro.

Último domicilio coñecido do interesado: Pontevedra.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.

Prazo para alegacións: quince días.