Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34608

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e se dá publicidade á modificación da condición de participación dalgúns dos seus membros.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Na súa base sétima disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 8 de xuño de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 13 de xuño), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores.

Na dita base sétima disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola cal se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causa de abstención nalgún dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro), nos termos que se indican no anexo.

Segundo. Dar publicidade á modificación da condición de participación no respectivo órgano de selección de diversos membros nomeados mediante a Resolución do 8 de xuño de 2017, nos termos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

– Especialidade de Análises Clínicas:

Vogal titular:

Sertal Parcero, Roberto. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Análises Clínicas, en substitución de Reparaz Andrade, Alfredo. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Análises Clínicas.

Vogal suplente:

Álvarez García, Elías. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Análises Clínicas, en substitución de Sertal Parcero, Roberto. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Análises Clínicas.

– Especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial:

Vogal titular:

Vazquez Mahía, Inés. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial, en substitución de Patiño Seijas, Beatriz. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial

Vogal titular:

López-Cedrún Cembranos, José Luis. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial, en substitución de García-Rozado González, Álvaro. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial.

Vogal suplente:

Trillo Bravo, Reyes Blanca. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, en substitución de Vazquez Mahía, Inés. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial.

Vogal suplente:

Lagoa Varela, José Vicente. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, en substitución de López-Cedrún Cembranos, José Luis. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Cirurxía Oral e Maxilofacial.

– Especialidade de Medicina Intensiva:

Presidente/a titular:

De la Torre Fernández, María José. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Medicina Intensiva, en substitución de Rascado Sedes, Pedro Alberto. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Medicina Intensiva.

Presidente/a suplente:

López Ciudad, Víctor José. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Medicina Intensiva, en substitución de de la Torre Fernández, María José. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Medicina Intensiva.

– Especialidade de Neurocirurxía:

Vogal suplente:

Fandiño Rivera, José Manuel. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Neurocirurxía, en substitución de Agulleiro Díaz, Jesús Patricio. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Neurocirurxía.

- Especialidade de Psiquiatría:

Vogal titular:

Prado Robles, Verónica. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Psiquiatría, en substitución de de las Heras Liñero, María Elena. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Psiquiatría.

Vogal suplente:

Rivas Seoane, Mª José. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Psiquiatría, en substitución de Prado Robles, Verónica. Persoal estatutario licenciado sanitario, especialidade de Psiquiatría.