Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34612

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de xuño de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a darlle publicidade á Resolución LD-05/2017, da mesma data, pola que se convoca a provisión dun posto de xefe/a de servizo de Atención Primaria (As Pontes de García Rodríguez).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas cales se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e poderanse presentar no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, sito na avenida da Residencia, s/n 15405 Ferrol, e demais lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 19 de xuño de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de servizo de Atención Primaria (As Pontes de García Rodríguez).

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no servizo de Atención Primaria a que opte, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

Procedemento de provisión: libre designación.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.