Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34600

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a lista de persoas admitidas e das cales non figura documentación que as exima da realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Mediante Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril), convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Na base II.1.1.3 da orde da convocatoria especifícase que para a exención da realización do 3º exercicio, a Dirección Xeral da Función Pública publicará se consta no expediente a documentación que xustifique a dita exención.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Publicar a relación de persoas aspirantes das cales non consta nos seus expedientes a documentación que os exima da realización do 3º exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante Orde do 31 de marzo de 2017 e que se relacionan no anexo.

Segundo. As ditas persoas dispoñen, de acordo co estipulado na base II.1.1.3, dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren orixinal ou copia debidamente compulsada do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Esta documentación deberase remitir á Consellería de Facenda. Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

DNI

Apelidos e nome

44831490M

Delgado Calvo, María Teresa

32812781S

Díaz Peña, Ana Isabel

36106391W

González Soto, Rita María