Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34442

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de exposición pública.

O 7 de xullo de 2017 asinouse un convenio urbanístico de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Lugo, para a construción dun novo CEIP na zona do Sagrado Corazón desta cidade, no sector de solo urbanizable delimitado Lugo S-5.R do PXOM vixente (plano 2 clasificación do solo e estrutura xeral e orgánica do territorio, follas 14, 15, 21 e 22).

En cumprimento do establecido no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado, xunto co resto do expediente administrativo, no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e poderán presentar as alegacións que se desexen.

O texto íntegro do convenio poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 10 de xullo de 2017

A Alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal