Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34443

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, para pemes.

A Cámara de Comercio da Coruña anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector (entre o 3 e 13 de setembro de 2017). A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 25 de agosto 2017.

2. Misión comercial a China, multisectorial (entre o 11 e 19 de novembro de 2017). A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 31 de outubro de 2017.

3. Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro (entre o 22 de novembro e 2 de decembro de 2017). A convocatoria abrirase o día 20 de xullo e pecharase o día 10 de novembro 2017.

Primeiro. Beneficiarios/as

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será de:

Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector: 8.

Misión comercial a China, multisectorial: 8.

Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro: 6.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara da Coruña. Ademais, pódese consultar a través da web www.camaracoruna.com

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións indicadas a continuación, no marco desta convocatoria para o período 2017, dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020 é de:

1. Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector: 22.526,25 €.

2. Misión comercial a China, multisectorial: 25.000 €.

3. Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro: 15.420 €.

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio da Coruña será de:

1. Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector: 4.900 €.

2. Misión comercial a China, multisectorial: 4.500 €.

3. Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro: 4.500 €.

Cofinanciados nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder e nunha porcentaxe de 20 % pola Cámara de Comercio da Coruña.

A contía máxima das axudas que se van outorgar, con cargo a esta convocatoria, ás empresas participantes nas actuacións obxecto desta convocatoria, en concepto de subvencións, é de:

1. Misión comercial a Canadá, sector naval e servizos relacionados con ese sector: 17.626,25 €.

2. Misión comercial a China, multisectorial: 20.500 €.

3. Misión comercial a México, sectores editorial e libros, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro: 10.920 €.

As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80% con cargo a fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese tras a publicación deste anuncio, o día 20 de xullo, e finalizará o día 25 de agosto de 2017 para a misión sector naval e auxiliar a Canadá, o día 31 de outubro 2017 para a misión comercial multisectorial a China e o día 10 de novembro de 2017 para a misión comercial a México, sectores editorial e libro, artes gráficas e servizos relacionados co sector do libro.

O modelo de solicitude de participación poderase descargar na web www.camaracoruna.com

A Coruña, 11 de xullo de 2017

Gonzalo Ortiz Amor
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio,
Industria, Servizos e Navegación da Coruña