Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 76/2017).

Execución de títulos xudiciais 76/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 302/2015

Sobre ordinario

Demandante: María del Carmen Feijoo Castrelo

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Fogasa, SPN Empauxer, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 76/2017, deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª del Carmen Feijoo Castrelo, contra a empresa SPN Empauxer, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto o 26 de xullo de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de María del Carmen Feijoo Castrelo fronte a SPN Empauxer, S.L.

– Levar o orixinal da presente resolución ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

– Arquivar o presente procedemento e dalo de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes e a SPN Empauxer, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0076 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0076 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a SPN Empauxer, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza