Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (601/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 601/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Senén Rey Requeijo contra a empresa Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, Noueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel Senén Rey Requeijo fronte ás mercantís Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Barnizados y Lacados Iglesias, S.L., e fronte a Nueva Línea Iglesias, S.L, condeno as demandadas a que aboen de forma solidaria ao demandante a cantidade de 17.564,06 euros, máis o xuro legal do 10 % por demora respecto ás cantidades de natureza salarial, a teor do disposto no artigo 29.3 do ET.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co numero 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza