Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34132

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (729/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 729/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sindo Gil Villaverde contra Nicolás García Vega e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 12 de xuño de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 729/2015, en que foron parte, como demandante, Sindo Gil Villaverde, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, e como demandada, a empresa Nicolás García Vega, que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Sindo Gil Villaverde fronte á empresa Nicolás García Vega e, en consecuencia, declárase a existencia de relación laboral entre as partes, con condena da parte demandada a se ater a esta declaración e a aboar ao demandante a cantidade de 1.543,06 euros. Destes, 1.402,64 euros serán incrementados no 10 % de xuro por mora, sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio da xustiza gratuíta acredite ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nicolás García Vega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza