Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral en diversos centros e instalacións (expediente 319/17; 2 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 31.7.2017.

d) Número de expediente: 319/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral en diversos centros e instalacións da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: 2 lotes.

I. Lote 1: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito tecnolóxico: edificio de fundición, Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas e Escola de Enxeñaría Industrial-sede campus.

II. Lote 2: Campus das Lagoas-Marcosende. Ámbito científico: edificio de ciencias experimentais (Facultade de Bioloxía, Facultade de Ciencias do Mar, Facultade de Químicas e Biblioteca).

d) Lugar de execución/entrega: os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo que aparecen mencionados no punto primeiro do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: dous anos a partir do día 1 de outubro de 2017, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato si esta última data é posterior, prorrogable por períodos anuais ata un máximo de dous anos máis.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV:

• 90910000 servizos de limpeza.

• 909210000 servizos de desinfección e exterminio.

• 90922000 servizos de control de pragas.

• 79714000 servizos de vixilancia.

h) CPA: 81.2 servizo de limpeza.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 3.800.000 €.

5. Importe de licitación: 1.900.000 € IVE: 399.000 €.

I. Lote 1. Importe neto: 1.200.000 €. Importe total: 1.452.000 €.

II. Lote 2. Importe neto: 700.000 €. Importe total: 847.000 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: considerando que o único criterio de adxudicación é a redución do importe de licitación, considérase oportuno que naqueles supostos en que as empresas se atopen inicialmente incursas en oferta anormal ou desproporcionada, se exixa unha garantía complementaria do 5 % do lote que corresponda.

7. Requisitos específicos do contratista:

I. Será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do licitador. Neste caso estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica e profesional:

a) Lote 1: grupo U, subgrupo 1, categoría 4.

b) Lote 2: grupo U, subgrupo 1, categoría 3.

II. Para as empresas estranxeiras e as españolas que non acrediten a clasificación (en todos os lotes):

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla de resumo de características.

III. Para todas as empresas (en todos os lotes):

a) Outros requisitos específicos: de ser o caso, os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 31.7.2017.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: edificio da Xerencia-servizos centrais, planta baixa, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C, na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: edificio de Xerencia e servizos centrais, 2ª andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente: 3.000 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21.6.2017.

Vigo, 22 de xuño de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo