Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación do contrato de organización das Festas do Cristo 2017.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras, Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e determinados actos Xunta de Goberno local.

2. Obxecto: servizos; Descrición: organización das Festas do Cristo do ano 2017, de acordo co establecido nos pregos administrativo e técnico.

3. Procedemento e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: segundo a cláusula VII do prego administrativo.

4 División por lotes. Lote nº 1. Orquestras, xeradores necesarios para o seu fornecemento eléctrico, grupo de baile tradicional, grupos para correrrúas, persoal para xigantes e cabezudos. Lote nº 2. Escenarios cubertos coas súas tarimas complementarias para instalar equipamentos de son e iluminación para todos os concertos e eventos, excepto os das orquestras (incluídos no lote nº 1). Lote nº 3. Concertos e equipamentos de iluminación e son, excepto os das orquestras (incluídos no lote nº 1). Lote nº 4. Actividades infantís. Lote nº 5. Casetas-tenda de campaña, baños portátiles, cadeiras e subministración de comidas e bebidas.

5. Valor estimado do contrato: 67.933,89 euros.

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVE.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02. Telefax: 988 32 59 78; Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org. Perfil do contratante: https://sede.concellodobarco.org/.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais desde a última das seguintes publicacións deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP ou no perfil do contratante, de acordo coa cláusula IX do prego administrativo.

9. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: especificados para cada lote nos pregos.

10. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: especificados para cada lote nos pregos.

O Barco, 7 de xullo de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde