Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33936

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de adxudicación do contrato de xestión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables, suxeito a regulación harmonizada, na modalidade de concesión.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 324/16.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://concellodemarin.es/perfil-do-contratante-2.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: concesión de servizos ou xestión de servizos públicos suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: xestión do servizo público de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e asimilables do Concello de Marín, suxeito a regulación harmonizada, na modalidade de concesión.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7, 90500000-2, 90510000-5, 90511000-2, 90511100-3, 90511200-4, 90511300-5, 90511400-6, 90512000-9, 90513000-6, 90514000-3 90520000-8, 90900000-6, 90910000-8, 90918000-5.

e) Prazo de execución: 8 anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, BOPPO e perfil do contratante.

j) Datas de publicación do anuncio de licitación: 28.10.2016, 2.11.2016, 3.11.2016 e 24.10.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto, oferta económicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 11.402.430,67 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto. Importe neto anual: 1.425.303,83 €. Importe neto total: 11.402.430,67 €.

b) Importe total. Importe total anual: 1.567.834,22 €. Importe total: 12.542.673,74 €.

6. Adxudicación do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.6.2017.

b) Contratista: Recolte Servicios y Medioambiente, S.A.U. (CIF: A28579258).

c) Importe de adxudicación. Prezo unitario de base ofertado (de acordo coa cláusula 4.1 PCAP): 140,08 €/t. Facturación previsible primeiro ano: 140,08 €/ t × 0,9133 × 10.000 t/ano = 1.279.350,64 €/ano. Valor total do contrato: 1.279.350,64 €/ano × 8 anos = 10.234.805,12 € (IVE incluído). Valor do contrato sen IVE: 10.234.805,12/1.10 = 9.304.368,291 € (IVE excluído).

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de adxudicación establecidos no PCAP.

7. Prazo en que debe procederse á formalización do contrato: o establecido no artigo 156.3, parágrafo primeiro, do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Marín, 20 de xuño de 2017

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa