Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do novo plazo de licitación (expediente As-43/2017).

En cumprimento da Resolución do tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social, con data do 3 de xullo de 2017, procédese á desistencia do procedemento do servizo de animación de Papá Noel e Paxes Reais, por barrios, para dinamizar o comercio durante o período do Nadal e apróbanse os novos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas particulares reguladores deste, cuxa licitación se publicou neste DOG do 15 de maio de 2017, número 93, páxina 23706.

Así mesmo, ábrese un novo prazo de presentación de proposicións de quince (15) días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte.

A Coruña, 6 de xullo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social