Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Ribadavia.

O 6.3.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural no termo municipal de Ribadavia, na provincia de Ourense (expediente IN627A 2014/64-0), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 29.4.2015, no Boletín Oficial da provincia do 7.5.2015 e nos xornais La Voz de Galicia e La Región do 9.4.2015, estando tamén exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadavia.

O 9.2.2017 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. desistiu da súa solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Ribadavia e, en consecuencia, o 8.3.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aceptou esta desistencia e se declarou concluído o procedemento correspondente.

No Diario Oficial de Galicia do 26.4.2017 publicouse o anuncio da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 4.4.2017 polo que se deu publicidade ao arquivamento das solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural en varios termos municipais, entre os cales se atopa o de Ribadavia.

O 12.6.2017 a empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. solicitou a autorización administrativa para a distribución de gas natural no termo municipal de Ribadavia. Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Primagás Energía Distribución, S.A.U.

Data da solicitude

12 de xuño de 2017

Contido da solicitude

Autorización administrativa previa

Tipo de instalación

Rede de distribución de gas natural alimentada desde unha planta de gas natural licuado (GNL)

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa de planta satélite de regasificación de GNL e rede de distribución para a subministración de gas natural canalizado no termo municipal de Ribadavia (Ourense)

Núcleo de poboación da rede

Ribadavia (Ourense)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Primagás Energía Distribución, S.A.U.

• A empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa concorrente cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas