Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33770

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 63/2017, do 4 de xullo, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas polas entidades correspondentes,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia as seguintes persoas:

– Paulo Carril Vázquez, en representación da Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Sergio López García, en representación de Confrarías de Pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de xullo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente