Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de maio de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada pola Cruz Vermella Española para a ocupación dun local no porto de Laxe como base de salvamento marítimo (expediente 12-21-16-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa solicitada pola Cruz Vermella Española para a ocupación dun local no porto de Laxe como base de salvamento marítimo, en virtude do proxecto de conservación e rehabilitación, redactado polo arquitecto Manuel Carro López, en decembro de 2015.

O que se fai público para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 26 de maio de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro