Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de maio de 2017 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Brokenboats, S.L. para a ocupación de terreos portuarios para despezamento de buques e recuperación dos seus materiais no porto de Brens-Cee.

A empresa Brokenboats, S.L. solicitou ao ente público Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Brens-Cee, con destino á ocupación de terreos portuarios para despezamento de buques e recuperación dos seus materiais, nunha parcela de 2.988 m2, segundo a documentación técnica consistente no proxecto básico e de execución sobre o procesamento, selección e clasificación de materiais navais para a posterior reciclaxe, redactado en febreiro de 2017 polo enxeñeiro industrial Jaime Alberto Lorenzo Mateo.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e unha vez realizado o trámite de competencia de proxectos, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, nas oficinas sitas na praza de Europa, 5 A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.gal.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia