Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33688

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 9 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a creación, a mellora e a ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións.

1. Mediante a Resolución do 9 de febreiro de 2017 desta dirección referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 43, do 2 de marzo, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, destinadas a particulares, para o ano 2017.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2017; a procedencia dos fondos é de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feader Galicia 2014-2020 e fondos dos orzamentos xerais do Estado.

O artigo 2.1 das bases reguladoras relativo ao financiamento prevé unha dotación inicial de 2.265.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.780.1 e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible e co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Polo anteriormente exposto, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 608.599,16 euros, polo que o importe total asignado para estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.780.1 tras esta ampliación ascende a 2.873.599,16 euros.

Segundo. O incremento dos fondos distribuirase do seguinte xeito:

Tipoloxía

Dotación orzamentaria (€)

Importe inicial

Modificación

Importe final

Grupo A1-A2-B1

765.000,00

608.599,16

1.373.599,16

Grupo B2-B3

1.500.000,00

0,00

1.500.000,00

Total

2.265.000,00

608.599,16

2.873.599,16

Terceiro. A dotación total da convocatoria pasa a ser de 2.873.599,16 euros, de acordo co seguinte cadro de financiamento desagregado por procedencia de fondos:

Dotación inicial

Incremento

Dotación final

Feader

1.125.000,00

0,00

1.125.000,00

Fondos CCAA que cofinancian elixible

262.500,00

0,00

262.500,00

Fondos Estado que cofinancian

112.500,00

0,00

112.500,00

Fondos propios da Comunidade Autónoma

765.000,00

608.599,16

1.373.599,16

Total

2.265.000,00

608.599,16

2.873.599,16

Cuarto. A presente ampliación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Quinto. De acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra o presente acordo non cabe recurso de ningún tipo.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia