Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de decembro de 2016 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.55534, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Jesús Manuel López Rey o requirimento do 29 de novembro de 2016, ditado en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado poderá comparecer, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia