Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCION do 5 de xullo de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, das obras contidas no proxecto de rehabilitación de casa reitoral para albergue de peregrinos do Camiño de Santiago en Poulo, Ordes, A Coruña, polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: correcta execución das obras consistentes na rehabilitación dun edificio histórico, actualmente en desuso, para albergue de peregrinos no Camiño de Santiago e o seu vial anexo, adaptando as súas estancias para destino como albergue, conforme ao proxecto aprobado pola Axencia Turismo de Galicia o 16 de maio de 2017.

Prazo máximo de execución: 6 meses desde a acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 443.648,71 €. Importe de IVE (21 %): 93.166,23 €. Total IVE incluído: 536.814,94 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=180808

Información sobre a contratación: teléfono 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.gal

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se exixe.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación a presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B e do sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia