Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33753

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo

ANUNCIO de licitación para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, da concesión do servizo para a explotación do complexo de aloxamento e piscinas do parque Monte do Gozo, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: concesión de servizo.

Descrición do obxecto: concesión do servizo para a explotación do complexo de aloxamento e piscinas do parque Monte do Gozo, de acordo co prego de prescricións técnicas.

Comprende as actividades relacionadas coa reforma, explotación e mantemento das instalacións que inclúe:

– Complexo de aloxamento composto de 18 pavillóns, un centro de recepción e dous módulos de autoservizo e cafetaría.

– Zonas de circulación para peóns e vehículos, zonas de estacionamento, espazos verdes, praza central e sete locais destinados para tendas.

– As piscinas situadas na zona da lagoa.

Duración: dez anos prorrogables por outros cinco.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: suxeita a regulación harmonizada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato e canon:

Valor estimado: 41.181.425,37.

Canon:

Importe sen IVE: 70.000 €.

IVE (21 %): 14.700,00 €.

Importe total, IVE incluído: 84.700 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 35.000 €, máis garantía complementaria de 35.000 €, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados en Contratación da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, no perfil do contratante e na plataforma de contratación da Xunta de Galicia. Poderanse obter os pregos no seguinte enderezo da internet. http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=178872

Información sobre a contratación:

Teléfono: 881 99 62 64

Correo electrónico: xuridico@xacobeo.org

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados nas cláusulas 11 e 13.1.h) do prego de cláusulas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados nas cláusulas 11 e 13.1.h) do prego de cláusulas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o 21 de agosto de 2017.

Documentación a presentar: ver o prego de cláusulas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B e do sobre C terá lugar na Sala de Xuntas da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante e na plataforma de contratación da Xunta de Galicia

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

Rafael Sánchez Bargiela
Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo